Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

“Diversidade e industrias culturais”, Call for papers da revista Quaderns del CAC

05/10/2016

A revista Quaderns del CAC vén de abrir a convocatoria para presentar traballos que formarán parte do seu próximo monográfico, o número 43. Este estará adicado á análise da diversidade nas industrias culturais e das iniciativas de protección e promoción, arredor do cal propoñen os seguintes temas de interese:

– Avaliación do impacto da Convención sobre a protección e promoción da diversidade das expresións culturais (UNESCO, 2005) a unha década da súa posta en marcha.

– Implementación e adaptación da Convención 2005 da UNESCO na era dixital.

– Os axentes culturais na Internet e as prácticas que contribúen coa súa diversidade: cartografía e desafíos.

– A diversidade no sector audiovisual dixital (cine, radio, televisión, música, videoxogos, OTT): contidos, estrutura e políticas públicas.

– Boas prácticas para a diversidade nas industrias culturais.

– Dereitos de autor, copyright e diversidade nas industrias culturais.

– Medición e estatísticas para avaliar a diversidade das expresións culturais.

– Problemáticas específicas da diversidade nas culturas das nacións sen estado.

Ademais disto, a revista ten unha sección miscelánea chamada “Artículos” para a que aceptan investigacións en curso sobre comunicación e cultura audiovisual. A data límite para a presentación de traballos é o 13 de marzo de 2017, e as normas poden descargarse neste enlace. Os artigos enviaranse a quadernsdelcac@gencat.cat.

MÁIS NOVAS
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
Preséntase os resultados do proxecto “Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela”.
Trátase dunha iniciativa de Aprendizaxe-Servizo, na que o alumnado se converte en voluntario con capacidade para mellorar unha necesidade social da súa contorna
25/09/2018

Un podcast cultural sobre os cafés teatro de Compostela, un mapa sonoro da cidade, un percorrido fotográfico polos barrios ou pequenas pezas audiovisuais son algúns dos resultados do proxecto de innovación educativa ‘Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela’ que este mércores se presentarán na […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais