Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

“Cinema: Renaming itself”: Call for papers do Fonseca Journal of Communication

17/12/2014

O Fonseca Journal of Communication abriu o prazo de recepción de artigos para un número monográfico que publicarán en decembro de 2015. O título é “Cinema: renaming itself. Nuevas definiciones en el cine contemporáneo”, e está coordinado por Margarita Ledo Andión (Catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais) e Begoña Gutiérrez San Miguel (Profesora Titular da Universidad de Salamanca).

Como resumo de referencia para as propostas, a publicación ofrece o seguinte:

“Cinema: the itself remake” ou como, dende o cinema, emerxe a necesidade de adxectivación para indicar a necesidade de construir un “eu”, un suxeito diferente. Que quere dicir, a día de hoxe, a connotación, o cambio de significado que se activa cando falamos de “cinema migrante”, “cinema colaborativo”, “cinema nacional”, “cinema feminista”, “cinema de clase”, “cinema identitario”… ou pares como “cine e inclusión”. Como se articula con algo tan aceptado (e seguramente pouco practicado) como Diversidade? Que prácticas / que aplicacións e accións esixe a posta en escena destes cinemas? Como se entrelaza o pensamento con estas variacións que inclúen, ademais, diferentes sistemas de coñecemento?”

O prazo para a recepción de artigos ten o primeiro peche o 1 de xullo de 2015, e deben enviarse tanto á dirección da revista (fjcrevista@usal.es) como á directora e editora Begoña Gutiérrez San Miguel (bgsm@usal.es). Os artigos serán avaliados por pares cegos e deberán seguir as normas da revista, dispoñibles neste enlace.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais