Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Canal Campus participa no festival Galician Connection

19/02/2014

O equipo de Canal Campus_lab intervén na Xornada Educa do festival Galician Connection. Xaime Fandiño, profesor da USC e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais, compartirá cos asistentes as iniciativas que este equipo de investigadores especializados en música popular están a desenvolver no ámbito universitario coa fin de estimular a creatividade sonora e visual, potenciar a capacidade de emprendemento cultural dos estudantes, e fortalecer a transferencia de coñecemento e innovación coa industria cultural galega. Entre elas cómpre destacar o programa Doc&Roll, que combina a proxección de documentais coa organización de concertos nos campus de Santiago, e a rede ONU (Outside Network University), que ofrece un espazo de comunicación e conexión para estudantes foráneos a través da música.
O encontro terá lugar o 4 de abril ás 17:30 hora na Cidade da Cultura.

CONTACTO
web: www.canalcampus.es
mail: info@canalcampus.es
Facultade de Ciencias da Comunicación
Campus Norte

gconnect014_educa

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais