Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega

Xornadas do CDG

16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director de GALMA, observatorio galego de accesibilidade ós medios.

Converter a fala en texto e traducir automaticamente son dous aspectos relevantes da relación entre os idiomas e a tecnoloxía. Sobre estas materias traballa a xornada “As tecnoloxías da lingua” que organiza o Consello da Cultura Galega. Responsables de empresas como Google, RTVE, Galma, Vicomtech e expertos universitarios falarán destas cuestións nunha xornada que se pode seguir en directo desde o web do CCG. A presidenta da institución, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a coordinadora da xornada, Carmen García Mateo, serán os encargados de abrir esta cita que pretende un enfoque eminentemente práctico.

“Con esta xornada o que pretendíamos é demostrar como as novas tecnoloxías afectan á sociedade, e máis concretamente ás tecnoloxías das lingua” explicaba Carmen García Mateo, coordinadora desta cita que xunta expertos nacionais e internacionais. “Como é un campo amplo, na xornada centrámonos en dous aspectos concretos: dunha banda a accesibilidade aos medios audiovisuais, é dicir, da facilidade de acceso a contido audiovisual para xente con discapacidade e, pola outra, da tecnoloxía da fala, para ver o caso dos subtitulados automáticos” matizou. Sobre estas premisas constrúese un programa que comeza cun relatorio xeral de Lourdes Lorenzo, do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo que ofrecerá un estado da cuestión de como está no noso país a accesibilidade aos contidos audiovisuais. Despois, Francisco Armero Real, director da Area de Accesibilidade de TVE, que falará do estado actual e do futuro máis inmediato dunha empresa punteira en accesibilidade como é Televisión Española.
A segunda parte do programa pretende ver das tecnoloxías da fala no campo concreto do subtitulado e das tecnoloxías que o facilitan. Para iso haberá tres relatores: Bélen Ruiz Mezcúa, directora do Centro Español del Subtitulado y la Audiodescripción; Pablo Romero-Fresco, director de GALMA, observatorio galego de accesibilidade ós medios; e Arantza del Pozo, directora do Departamento de Tecnologías del Habla y del Lenguaje Natural de Vicomtech.
Bélen Ruiz centrará o seu relatorio para describir como evolucionou a oferta de subtitulado nas canles de TV nacionais desde 2011. Pablo Romero focalizará esa evolución no subtitulado en directo a nivel estatal, mentres que Arantza del Pozo describirá casos de éxito e novidades na tradución automática.
A sesión da tarde abrirá timidamente o foco a outros aspectos. Dunha banda, José Ramón Pichel, de Imaxin Software, achegará as tecnoloxías da linguaxe ao falar de tradución automática que permitirá a existencia de medios en galego.
Por cuestións horarias, está programada para a tarde a videoconferencia de Pedro J Moreno, de Google Research, que tentará debullar os motivos que levan á multinacional americana a desenvolver tecnoloxía en galego.
Os relatorios da xornada conclúen con Carmen García Mateo, que reflexionará sobre o futuro ao tempo que fará unha panorámica de ferramentas que existen ao tempo que situará reflexións de cara ao futuro.

 

[Texto e imaxe: CDG]

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas Agencia Española de Investigación. Ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: Agencia Estatal de InvestigaciónData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2018 Estudos Audiovisuais