Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

VIII Congreso de Lusocom

O VIII Congreso de LUSOCOM, Comunicação, Espaço Global e Lusofonia, celebrouse na cidade de Lisboa e foi presidido pola profesora Margarita Ledo Andión, coordinadora do grupo de Estudos Audiovisuais. O evento desenvolveuse na Escola de Comunicación, Artes e Tecnoloxías da Información da Universidade Lusófona, que acolleu de xeito simultáneo o 6º Congreso SOPCOM, o 8º Congreso LUSOCOM e o 4º Congreso IBÉRICO. A realización destes tres eventos nun mesmo espazo permitiu potenciar as sinerxías entre investigadores lusófonos e ibéricos. Algúns dos obxectivos primordiais foron potenciar a cooperación na investigación e permitir a reflexión conxunta sobre o futuro das ciencias da comunicación nun entorno marcado polas tecnoloxías da información e as manifestacións localizadas e globalizadas da sociedade na rede.

Título do curso: VIII Congreso de LusocomDatas: 14/04/2009 - 15/04/2009Lugar: Lisboa
14/04/2009Lisboa
Descargas
Mediateca
© 2018 Estudos Audiovisuais