Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Simposio: Finlandia, Galiza, Gales. Os retos dos pequenos cinemas en linguas minorizadas

A consideración das nacións como espazos comunicativos, e do cinema en versión orixinal como ferramenta inequívoca para a construción da diversidade cultural europea serven de punto de partida para este simposio no que o debate xira arredor das barreiras dos cinemas minorizados para facerse visibles. Abórdanse, asemade, as políticas da diversidade non soamente como recoñecemento senón como accións concretas que garantan a expresión e a difusión das obras.
O simposio forma parte das actividades de difusión proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal”(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión.

Título do curso: Finlandia, Galiza, Gales. Os retos dos pequenos cinemas en linguas minorizadasDatas: 24/11/2015 - 25/11/2015Lugar: Cardiff (Gales. Reino Unido)
24/11/2015Cardiff (Gales. Reino Unido)
Descargas
– Programa. pdf | 822.31 KB
Mediateca
© 2018 Estudos Audiovisuais