Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Quince anos de Ciencias da Comunicación en Galicia

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC celebrou o congreso 15 anos de Ciencias da Comunicación en Galicia. Prensa, foto, cine, radio, televisión e internet (2006), dirixido polos profesores Xosé López, Xosé Soengas e Miguel Túñez. O encontro foi inaugurado cun acto oficial no que participaron as primeiras autoridades académicas e políticas, ademais de destacados profesionais do panorama xornalístico estatal, como o director de Radio Nacional de España (RNE) Javier Arenas, que falou do estado da radio, e Juan Pedro Valentín, que impartiu un taller sobre a elaboración de informativos para televisión.

O evento puxo de manifesto a traxectoria deste centro universitario como pioneiro en establecer a primeira titulación conxunta en Galicia, que é o caso da licenciatura en Comunicación Audiovisual, en colaboración coa Universidade de Vigo. O programa completouse cun taller permanente de radio, a realización dun magazine diario, e unha exposición de fotografía.

Título do curso: Quince anos de Ciencias da Comunicación en GaliciaDatas: 20/11/2006 - 24/11/2006
20/11/2006
Descargas
Mediateca
© 2018 Estudos Audiovisuais