Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias

Traer para o debate e pór en relación todas as variábeis que poidan contribuír á construción de novas audiencias é o obxectivo deste foro de expertos e expertas de varios países e do medio profesional, académico e creativo.
A diferenza, neste caso, establécese arredor das pequenas nacións como espazos comunicativos, do cinema en V.O. e de situacións nas que a lingua propia a pesares de non ser minoritaria está minorizada. Abórdanse, asemade, as políticas da diversidade non soamente como recoñecemento senón como accións concretas que garantan a expresión e a difusión das obras.
O Foro é parte do proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal”(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión.

Título do curso: Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas AudienciasDatas: 23/10/2014 - 24/10/2014Lugar: Santiago de Compostela
23/10/2014Santiago de Compostela
Descargas
– Programa. pdf | 2.00 MB
Mediateca
© 2018 Estudos Audiovisuais