Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Foro Internacional

'As Linguas e o Cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado'

Son múltiples os compromisos promulgados pola Unión Europea e os seus estados membros arredor da decidida e inescusable preservación e fomento da diversidade cultural e lingüística de Europa e da posta en valor do cinema como obxecto de confluencia entre a innovación tecnolóxica, a cultura e a economía.
Entre as accións de preservación do Patrimonio Cultural Inmaterial Europeo (PCIE) emerxen como prioritarias aquelas encamiñadas ao fomento do subtitulado de contidos audiovisuais. Porén, o palmario compromiso formal que emana das convencións e programas das escalas europea, estatal e autonómica tradúcese na implementación de paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistemática ausencia de resultados.
No marco do proxecto ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI, ref. CSO2016-76014-R) o presente foro reúne a investigadoras e investigadores do cinema e a tradución audiovisual na contorna europea co obxectivo de formular indicadores cara unha política harmónica de subtitulado da produción cinematográfica e audiovisual en linguas europeas non hexemónicas.

Título do curso: As Linguas e o Cinema. Indicadores para un Programa Europeo de SubtituladoDescrición: No marco do proxecto ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI, ref. CSO2016-76014-R) o presente foro reúne a investigadoras e investigadores do cinema e a tradución audiovisual na contorna europea co obxectivo de formular indicadores cara unha política harmónica de subtitulado da produción cinematográfica e audiovisual en linguas europeas non hexemónicas.Datas: 21/10/2018 - 22/05/2018Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación - Universidade de Santiago de Compostela
21/10/2018Facultade de Ciencias da Comunicación - Universidade de Santiago de Compostela
Descargas
– Programa. pdf | 893.64 KB
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas Agencia Española de Investigación. Ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: Agencia Estatal de InvestigaciónData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2018 Estudos Audiovisuais