Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Congreso “Cinema e Crise no Mediterráneo”

Panel de comunicacións "Cine e Crisis: o cinema en linguas non hexemónicas como síntoma"

O equipo investigador do proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI, ref. CSO2016-76014-R) participa cun panel no Congreso “Cine e Crise no Mediterráneo” que se celebra na Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació da Universitat de València, do 22 ao 26 de outubro de 2018.

O Congreso xorde ao abeiro da investigación “Cultural Narratives of Crisis & Renewal”, un proxecto colaborativo de catro anos coordinado pola University of Newcastle e financiado pola Unión Europea a través do programa Horizon 2020 Marie Sklodowska-Curie Actions, Research Innovation and Staff Exchanges.

O obxectivo do proxecto é examinar a produción cultural e as prácticas culturais en períodos de crise social a comezos do século XX e en ambas beiras do Atlántico. A investigación procura investigar o papel da produción cultural, non só como vehículo para elaborar narrativas cohesivas en momentos de crise, senón como un espazo para crear imaxinarios alternativos para a renovación social.

Nesta liña, o equipo de investigación do proxecto EUVOS ofrece un panel de comunicacións que pon o foco no cinema como práctica cultural e analiza as condicións das cinematografías en linguas non hexemónicas na contorna europea. Baixo o título “Cine e Crise: o cinema en linguas non hexemónicas como síntoma” o panel conta con achegas de Margarita Ledo Andión, Mª Soliña Barreiro, Fernando Redondo e Beatriz Zabalondo.

 

 

 

Título do curso: Cinema e Crise no MediterráneoDatas: 22/10/2018 - 26/10/2018Lugar: ValenciaInscrición: http://www.culturalnarratives.co.uk/eventos/
22/10/2018Valencia
Descargas
– Programa. pdf | 322.16 KB
Mediateca
© 2018 Estudos Audiovisuais