Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

CO(M)XÉNERO

Seminario Permanente de Comunicación e Xénero

A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais reflicte e perpetúa unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes.

Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes nos medios.

A urxencia desa capacitación demanda a incorporación inmediata dos Estudos de Xénero aos plans educativos existentes en materia de comunicación. Neste contexto, o seminario CO(M)XÉNERO busca ser un foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade,  con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.

PROGRAMA

16.00 h | Recepción

16.15 h | Presentación do Seminario. Margarita Ledo Andión (Universidade de Santiago de Compostela)

16.30 h | Xénero e poder. A construción do discurso e o espazo mediático. Ana Jorge Alonso (Universidad de Málaga)

17.30 h | Xénero e xornalismo. Representacións e (in)visibilidades. Pautas para un tratamento informativo libre de tópicos sexistas. Carla Cerqueira (CECS-Universidade do Minho)

18.30 h | Pausa

19.00 h | Xénero e cinema. A crítica feminista na construción da ollada. Marta Pérez Pereiro (Universidade de Santiago de Compostela)

20.00 h | Proxección do filme “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro e debate posterior.

21.30 h |Saída.

 

Título do curso: CO(M)XÉNERODatas: 12/11/2018 - 12/11/2018Lugar: Auditorio da Facultade de CC. da ComunicaciónInscrición: https://tinyurl.com/comxenero
12/11/2018Auditorio da Facultade de CC. da Comunicación
Descargas
– PROGRAMA CO(M)XÉNERO 1. pdf | 144.95 KB
Mediateca
© 2018 Estudos Audiovisuais