Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Aberto o envío de comunicacións ao IX Encontro Anual da Associação de Investigadores da Imagem em Movimento

Até 15 de novembro de 2018

18/09/2018

A Associação de Investigadores da Imagem en Movimento (AIM) invita a enviar propostas de comunicación para o seu IX Encontro Anual, que terá lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de maio de 2019, coa colaboración da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Admítense propostas en portugués, galego, castelán ou inglés, que non excedan os 1500 caracteres (incluíndo espazos), nas seguintes áreas: cinema, televisión, vídeo e medios dixitais. As contribucións poderán ter forma de comunicacións individuais ou paneis pre-constituidos e o prazo para a recepción das mesmas remata o 15 de novembro.

Creada en 2010, a AIM pretende reunir en Portugal a investigadoras/es que teñen en común obxectos e temas de pesquisa relacionados coa imaxe en movemento. Con este obxectivo, a asociación realizou xa oito encontros anuais:  na Universidade do Algarve, Faro (2011), na Universidade Católica Portuguesa, Lisboa (2012), na Universidade de Coimbra (2013), na Universidade da Beira Interior, Covilhã (2014), no ISCTE – Instituto Universitário de Lisboa (2015), na Universidade Católica Portuguesa, Porto (2016), na Universidade do Minho, Braga (2017) e na Universidade de Aveiro (2018).

As propostas para este IX Encontro Anual poden ser enviadas por membros da AIM (inscrición gratuíta) e por non membros (cunha taxa de inscrición de 60 €, tras a aceptación do traballo). Os proponentes que sexan membros da AIM terán que renovar a súa inscrición e proceder ao pagamento das cotas relativas á anualidade de 2019 até o 15 de novembro de 2018 (30€/normal; 20€/estudante).
Para más informacións sobre as condicións de participación, formas de contribución e envío de propostas, descarga a Chamada de Comunicacións 

MÁIS NOVAS
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
Preséntase os resultados do proxecto “Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela”.
Trátase dunha iniciativa de Aprendizaxe-Servizo, na que o alumnado se converte en voluntario con capacidade para mellorar unha necesidade social da súa contorna
25/09/2018

Un podcast cultural sobre os cafés teatro de Compostela, un mapa sonoro da cidade, un percorrido fotográfico polos barrios ou pequenas pezas audiovisuais son algúns dos resultados do proxecto de innovación educativa ‘Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela’ que este mércores se presentarán na […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais