Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O Grupo de Estudos Audiovisuais colabora na formación en escenografía virtual e grafismo

13/06/2013

O Laboratorio de Innovación e Aplicación Audiovisual da USC beneficiarase da cesión gratuíta de 21 licencias de software profesional
A empresa Brainstorm Multimedia cederá gratuitamente durante un ano 21 licencias de eStudio, o seu software profesional máis avanzado, para a formación e experimentación no ámbito da escenografía virtual e grafismo 3D no Laboratorio de Innovación e Aplicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación que coordina o profesor Enrique Castelló.

Esta cesión desinteresada dun software cuxo custe no mercado superaría o medio millón de euros consolida a xa dilatada colaboración de Brainstorm Multimedia coa Plataforma para a innovación e a experimentación en contidos dixitais da Universidade de Santiago de Compostela (CIDUS) orientada á investigación de excelencia en I+D+i, á transferencia tecnolóxica ao sector audiovisual e multimedia, así como á capacitación profesional en todas as fases do ciclo de vida de calquera tipo de contido dixital. Para a súa creación, CIDUS contou con importante financiamento do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Red.es e CRUE, ao clasificarse na convocatoria pública competitiva ‘Profesionais Dixitais’ do Plan Avanza 2.

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais