Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A Revista Fonseca amplía ate o 30 de setembro o prazo de recepción de artigos do monográfico ‘Renaming itself’

26/06/2015

O Fonseca Journal of Communication amplía ate o 30 de setembroo prazo de recepción de artigos para o monográfico de decembro. Baixo o título é “Cinema: renaming itself. Nuevas definiciones en el cine contemporáneo”, a edición é coordinada por Margarita Ledo Andión (Catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais) e Begoña Gutiérrez San Miguel (Profesora Titular da Universidad de Salamanca).

Como resumo de referencia para as propostas, a publicación ofrece o seguinte:

“Cinema: the itself remake” ou como, dende o cinema, emerxe a necesidade de adxectivación para indicar a necesidade de construir un “eu”, un suxeito diferente. Que quere dicir, a día de hoxe, a connotación, o cambio de significado que se activa cando falamos de “cinema migrante”, “cinema colaborativo”, “cinema nacional”, “cinema feminista”, “cinema de clase”, “cinema identitario”… ou pares como “cine e inclusión”. Como se articula con algo tan aceptado (e seguramente pouco practicado) como Diversidade? Que prácticas / que aplicacións e accións esixe a posta en escena destes cinemas? Como se entrelaza o pensamento con estas variacións que inclúen, ademais, diferentes sistemas de coñecemento?”

Os textos deben enviarse tanto á dirección da revista fjcrevista@usal.escomo á directora e editora Begoña Gutiérrez San Miguel bgsm@usal.es. Os artigos serán avaliados por pares cegos e deberán seguir as normas da revista, dispoñibles neste enlace.

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais