Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A finais de novembro celebrarase en Valencia un seminario sobre a Modernidade cinematográfica, con presenza do I+D+i sobre o cinema español posbélico

11/11/2015

Os días 26 e 27 do presente mes de novembro celebrarase en Valencia o Seminario Crónica de un desencuentro. La recepción del cine moderno en España. O evento está organizado como culminación dun Proxecto de Investigación promovido desde a Universidade de Barcelona e centrado no estudo das difíciles condicións de recepción do cinema moderno no eido español entre os anos cincuenta e setenta do pasado século (Proxecto ECME La Modernidad Cinematográfica en España: Recepción y Asimilación, HAR2012-31411).
Trátase dun seminario que recollerá boa parte das conclusións do devandito proxecto, pero ampliando a perspectiva coa intervención doutros historiadores, críticos e cineastas que traballaron sobre ese mesmo período do cinema español ou sobre a noción da Modernidade cinematográfica. Entre eles, José Luis Castro de Paz presentará o día 27 a relatorio La modernidad en el cine español, de xeito que o concepto de modernidade crispada e popular proposta nas análises efectuadas desde o I+D+i Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España) será debatido polo Investigador Principal do Proxecto con propostas doutros investigadores, expertos en campos afíns ao noso obxecto de estudo.
A participación de José Luis Castro de Paz no seminario vén engrosar así o último ciclo de intervencións do I+D+i sobre o cinema español posbélico en diversos encontros científicos, do que estamos a dar conta nestes meses finais da investigación.

PROGRAMA SEMINARIO VALENCIA

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais