O Grupo de investigación Estudos Audiovisuais —Comunicación Audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía— (GEA) é un Grupo de Referencia Competitiva da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado polo profesor Enrique Castelló Mayo. Foi constituído o 11 de outubro de 1999 e está adscrito o Departamento de Ciencias da Comunicación.

A misión e obxectivos do grupo son a análise dos procesos comunicacionais como construtores culturais e instrumentos capitais na conformación de sociedades. Ao abeiro de diferentes enfoques- político, social, económico…- e con especial atención á construción da(s) identidade(s) e á preservación da diversidade cultural, artella propostas investigadoras interdisciplinarias cuxos resultados se dirixen á comunidade científica, aos responsables de políticas públicas, os profesionais dos sectores implicados e á cidadanía en xeral.

Proxectos
Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. PID2022-142353OB-I00
Este proxecto de investigación ten por obxecto a avaliación cuantitativa e cualitativa do impacto sobre o sector audiovisual da Lei 13/2022, do 7 de xullo, Xeneral de Comunicación Audiovisual, cunha especial atención á produción audiovisual de carácter independente naqueles marcos xeográficos e lingüísticos que comparten oficialidade co español, tal é…
Libro
Este volume nace da colaboración entre academia, sector audiovisual e cidadanía, unidas pola preocupación perante as consecuencias que a o nova Lei Xeral da Comunicación Audiovisual terá para o audiovisual galego e a diversidade cultural e lingüística do sector, coa vontade de  transferir coñecemento á sociedade e prover recomendacións ás…
Artigo científico
A revisitación do cinema español republicano, así como a do producido nas primeiras décadas posbélicas, levada a cabo desde finais do século pasado por unha nova historiografía que conta coa análise fílmico como ineludible arma metodolóxica, constitúe o punto de partida para profundar nos profundos paralelismos e entrecruzamientos das traxectorias…
NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais